BiotecnIA_Biotecnoloxía Industrial e Enxeñería Ambiental

Contact

Enderezo
Facultade de Ciencias
Campus de Ourense
Teléfono
988 38 74 29
Correo electrónico
Páxina web
http://biotecnia.webs.uvigo.es/es/

Ámbito de investigación

Liñas de investigación
A) LIÑA DE BIOTECNOLOXÍA INDUSTRIAL (Prof. Responsable: J. M. Domínguez).
- Illamento e caracterización de microorganismos.
- Recuperación de substancias bioactivas de diversos residuos.
- Deseño de biorreactores e optimización de bioprocesos para o aproveitamento de residuos agroindustriais e a obtención de aditivos alimentarios naturais.
B) LIÑA DE NOVAS FONTES DE PROTEÍNAS (Prof. Responsable: J. M. Salgado).
- Bioprocesamento de insectos para obter hidrolizados proteicos.
- Fermentación en estado sólido para aumentar o contido proteico de macroalgas e subprodutos agrícolas.
- Elaboración de dietas nutritivas de baixo custo para aplicar na acuicultura.
C) LIÑA DE ENXEÑARÍA AMBIENTAL (Prof. Responsable: C. Cameselle).
- Remediación e recuperación de solos e augas subterráneas contaminadas.
- Xestión e tratamento de augas e efluentes industriais.
- Xestión, tratamento e valorización de residuos industriais.
D) LIÑA AROMA E SENSORIAL (Prof. Responsable: Sandra Cortés).
E) SOSTIBILIDADE DOS PROCESOS E PROXECTOS (Prof. Responsable: C. Cameselle).
Palabras chave
Biotecnoloxía, biorrefinería, bioeconomía, bioconversión, bioprocesos na industria agroalimentaria, recursos mariños, aditivos, aditivos naturais, biorreactores, insectos, quitina, proteínas, biorremediación, bebidas tradicionais, remediación de solos, tratamento avanzado de augas, valorización de residuos

Oferta tecnolóxica

Servizos ofertados
Valorización de residuos da industria agroalimentaria e dos recursos mariños.
Área ANEP: enxeñaría química e tecnoloxía.

- Caracterización de residuos e subprodutos da industria agroalimentaria e dos recursos mariños
- Biorefinería de residuos para recuperar metabolitos bioactivos, sostibles e ecolóxicos como lípidos, polifenois e proteínas.
- Desenvolvemento de líquidos iónicos e disolventes eutécticos profundos para mellorar a extracción de hidratos de carbono.
Desenvolvemento de procesos biotecnolóxicos para a preparación de compostos de interese industrial.
Área ANEP: enxeñaría química e tecnoloxía.

- Illamento, selección e identificación de microorganismos.
- Utilización de licores ricos en azucres como medio de cultivo para a produción de moléculas bioactivas: biosurfactantes, bacteriocinas e aditivos naturais.
- Deseño e escalado de novos biorreactores.
- Enxeñaría enzimática: deseño, produción e purificación de encimas e ingredientes funcionais de relevancia industrial e comercial.
- Utilización de encimas na síntese e/ou hidrólise de produtos industriais.
- Bioprocesamento de macroalgas mediante fermentación en estado sólido.
- Produción de alimentos de alto valor nutritivo para alimentación en acuicultura.
- Tratamento biolóxico de efluentes das actividades industriais dos sectores téxtil e alimentario.
-Producción de hidrolizados proteicos con aplicación no sector agroalimentario e acuícola.
Valoración de insectos comestibles
Área ANEP: tecnoloxía alimentaria.

- Extracción de proteínas de insectos comestibles (aprobado como alimento pola EFSA)
- Elaboración de produtos derivados da quitina con aplicación no sector agroalimentario.
Caracterización analítica e sensorial de alimentos e bebidas, e biotecnoloxía aplicada ás bebidas tradicionais.
Área ANEP: tecnoloxía alimentaria.

- Aplicación de técnicas de análise instrumental e de análise sensorial, segundo normas ISO e probas de consumo, para a caracterización e diferenciación de alimentos e bebidas.
- Seguimento dos procesos produtivos, dende as materias primas ata o produto final, para a súa optimización.
- Biotecnoloxía aplicada á produción de bebidas naturais.
- Deseño de novos produtos con perfís analíticos e sensoriais competitivos.
Remediación ambiental e tratamento de augas/augas residuais.
Área ANEP: enxeñaría química e tecnoloxía.

- Procesos avanzados para a eliminación de contaminantes en augas e efluentes industriais.
- Valorización de residuos.
- Eliminación de nutrientes.
- Tratamento e eliminación de contaminantes no solo e nas augas subterráneas.

Membros de grupo

Edafología y química agrícola
Miembro
Desconocida
Miembro
Ingeniería química
Miembro
Ingeniería química
Investigador/a Principal
Análisis matemático
Miembro
Ingeniería química
Coordinador/a
Ingeniería química
Miembro
Ingeniería química
sen asignacion

Resultados de investigación