Física da Terra (GOFUVI)

Contacto

Enderezo
Facultade de ciencias do mar. Campus de Vigo, Lagoas -Marcosende.
Illa de Toralla s/n. Vigo 36331
Correo electrónico
Páxina web
http://eddy.uvigo.es/

Ámbito de investigación

Liñas de investigación
Estudo da dinámica da circulación en Galicia, a modelización dos sistemas mariños nos seus aspectos hidrodinámicos, de produtividade primaria e de contido en nutrientes.
Oceanografía operacional, deseño, colocación e supervisión de plataformas oceanográficas de envío de datos en tempo real, incluíndo un sistema de radar HF e boias oceanográficas e de calidade de augas en zonas interiores, rías e na plataforma continental.
Interaccións entre a oceanografía física e as outras ramas da oceanografía, sexa nos seus aspectos xeolóxicos, químicos ou biolóxicos.

Oferta tecnolóxica

Servizos ofertados
Monitoración en tempo real:
Estacións Oceano-Meteorolóxicas.
Monitoraxe de tanques de cultivo e tomas de auga.
Procesado e control de calidade de datos oceanográficos.
Elaboración de informes técnicos.
Banco de probas para sensores oceanográficos.
Subministración de datos de corrente superficial de alta resolución na Ría de Vigo.
Impartición de cursos.
Utilización e mantemento de equipamento oceanográfico.
Introdución a Matlab aplicado á oceanografía.
Modelización de sistemas mariños e acuáticos.

Research results