Grupo de Debuxo e Escultura (Interdepartamental)

Ámbito de investigación

Liñas de investigación
- Creación e investigación na / da arte actual.
- O signo alfabético e a palabra como material e concepto escultórico. A palabra como referente en escultura. A escultura e a procura dos significados: a xeración do sentido.
- Arte e xénero.
- A experiencia creadora e a condición feminina. Relación entre a muller e a arte actual, desde visións estéticas, críticas, políticas e de mercado, incidindo especialmente no acontecer das interrelacións do binomio arte-muller no ámbito internacional, español e galego.
- Corpo e proxecto artístico actual. Corpo e escultura:
O corpo como problema.
O corpo como material.
O corpo como lugar.
O corpo como experiencia.
Corpo, identidade e existencia.
- Creacións artísticas, de tipo plástico e conceptual, nas que o motivo, a intencionalidade e os medios sitúanse no concepto de natureza: reflexión sobre novos espazos, a natureza como lugar de experiencia artística, interrelación corpo e natureza.
- Escultura e espazo público. Poéticas e políticas de/na cidade: lugares, tránsitos e habitabilidade. Encontros, derivas e fugas entre escultura e arquitectura.
- A cuarta dimensión: tempo e movemento na escultura.
- Metodoloxías docentes na creación artística actual.
Palabras chave
Creación artística actual, escultura, pintura, debuxo, corpo, xénero, identidade, arte pública, arte de acción, intervencións artísticas na natureza, tempo e movemento en escultura, obxecto cotián como material escultórico, alimento na creación artística actual, vestimenta como material artístico

Oferta tecnolóxica

Servizos ofertados
- Realización de obras artísticas.
- Execución de exposicións artísticas de tese.
- Comisariado de exposicións.
- Cursos de escultura e procesos de creación.
- Aportación experta nos ámbitos das liñas de investigación para: conferencias, ponencias, seminarios, mesas redondas, artigos, libros e capítulos de libros.

Resultados de investigación