JUAN ANTONIO CENTENO DOMINGUEZ

Datos persoais

Nome do departamento de adscrición
Enxeñaría química
Nome do centro de adscrición
FACULTADE DE CIENCIAS - OURENSE
Nome da área de adscrición
Tecnología de alimentos
Resumo curricular
Licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela. Diplomado en Sanidade pola Escola Nacional de Sanidade do Ministerio de Sanidade e Consumo. Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten feito varias estancias na 'Station de Recherches Laitières' do 'Centre de Recherches de Jouy-en-Josas, Institut National de Recherches Agronomiques (INRA, Francia)', baixo a dirección do Dr. M. Desmazeaud, un dos grandes especialistas a nivel mundial no ámbito lactolóxico. Traballou como investigador no Departamento de Tecnoloxía de Alimentos do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA), baixo a dirección do Dr. M. Núñez, prestixioso investigador con recoñecemento internacional no campo da tecnoloxía de alimentos. No ano 2002 obtivo un contrato dentro do Programa Ramón y Cajal na Área de Tecnoloxía de Alimentos. En novembro daquel mesmo ano foi nomeado Profesor Titular do Área de Tecnoloxía dos Alimentos na Universidade de Vigo. Ten participado en 12 proxectos de investigación financiados a través de convocatorias públicas (Nacionais e Autonómicas: Plan Nacional de I+D+i, INIA, PETRI, PGIDIT, etc.), ademais de en 6 contratos de investigación e desenvolvemento de especial relevancia con empresas lácteas. Asemade, ten impartido máis de 20 cursos de especialización en industrias lácteas. É autor ou coautor de máis de 30 artigos orixinais recollidos no 'Journal Citation Reports (Science Edition)', máis de 30 publicacións técnicas e extensión, de máis de 40 comunicacións a Congresos Científicos de ámbito Nacional e Internacional, e de 4 capítulos de libros editados por editoriais de prestixio internacional. As súas investigacións enmárcanse no campo da Microbioloxía e Tecnoloxía dos Produtos Lácteos, particularmente de variedades tradicionais de queixo, incluíndo estudos de aplicación da técnica de espectroscopia no infravermello próximo (NIRS) para a análise composicional destes produtos. Nos últimos anos, a súa actividade investigadora tense centrado en: (i) a caracterización dos perfís bioquímico, aromático (volátiles) e sensorial dos queixos artesanais elaborados en Galicia; (ii) o estudo da contribución dos lévedos ao desenvolvemento das características sensoriais destes produtos; (iii) a procura e selección de microorganismos illados de produtos lácteos tradicionais xeradores de ácido linoleico conxugado (CLA) e asimiladores de colesterol; e (iv) a selección e preparación de cultivos microbianos iniciadores e adxuntos co fin de posibilitar a recuperación da tipicidade sensorial dos queixos tradicionais.
Códigos NABS
Producción e tecnoloxía industrial
Códigos UNESCO
TECNOLOGIA DE LOS ALIMENTOS
Correo electrónico

Ámbito de investigación

Research group
Liñas de investigación
. Caracterización microbiolóxica, físico-química, bioquímica e sensorial dos queixos galegos tradicionais
. Selección e preparación de cultivos microbianas co fin de permitir a recuperación da tipicidade sensorial dos queixos tradicionais
. Estudo da contribución dos lévedos ao desenvolvemento das características sensoriais dos produtos lácteos
Palabras chave
tecnoloxía de produtos lácteos
maduración do queixo
microbioloxía de alimentos

Perfís externos

ORCID ID
0000-0003-4766-5731
WoK ResearcherID
M-1896-2018
Scopus Author ID
7006773208

Research results